¿Qué é o coltán?
O coltán é unha mezcla de minerais columbita (unha mena de columbio ou niobio) e tantalita (unha mena de tantalio).A columbita está formada por óxidos de niobio, ferro e manganeso e a tantalita está composta por óxiodo de tantalio, ferro e manganeso. Estos minerais constitúen unha solución solida en ambos os dous casos. Son escasos na natureza e dan un claro exemplo de materiais que pasaron de ser considerados simples curiosidades minerolóxicas a estratéxicos para o avance tecnolóxico debido as súas novas aplicacións.
Países productores de coltán.
O principal productor é a República Democrática do Congo con cerca do 80% das reservas. Existen reservas menos pobladas como Brasil (10%), Serra Leoa (5%) e o outro 5% repartido por todo o mundo.Ruanda e Uganda actualmente están exportando coltán roubado do Congo.
Usos.
O coltán trátase dun recurso estratéxico imprescindible na fabricación de compoñentes electrónicos avanzados. O tantalio usase principalmente na fabricación de condensadores. O condensador electrolítico de tantalio na actualidade é un tipo bastante común de condensadores presentes en gran cantidade de dispositivos electrónicos (telefónos móviles, ordenadores, cámaras dixitais...)
Estos condensadores son máis pequenos e teñen valores de capacidade eléctrica máis exactos. O seu prezo tamén é mais elevado.
¿Cómo se obtén?
O coltán obtense mediante procesos primitivos, similares a cómo se extrae en diferentes lugares o ouro. Ducias de homes traballan excavando grandes buracos para sacalo do subsolo. Un bó traballador pode producir un kg de coltán o dia.
Importancia do coltán.
O coltán converteuse nun mineral fundamental. Fai realidade o soño occidental. Nas últimas décadas deuselle máis valor a este mineral, sobre todo desde que se produciu o boom comercial dos telefónos móviles. Uns anos antes empezara a escasear, e mesmo a empresa Sony tivo que retrasar o lanzamento dun dos seus productos debido a este motivo. O gran aumento da demanda fixo establecer un mercado ilegal. Estableceuse unha disputa entre as grandes multinacionais por o control da rexión mediante os aliados autoctónos o que se considerou a "primeira guerra mundial africana". Disputanse a guerra dous bandos non moi estrictos. A maior parte do coltán extraído ten como destino EEUU, Alemania, Bélxica...
Para o negocio do coltán relacionanse estreitamente os grandes capitais monopólicos das grandes potencias cos poderes e capitais locais a través das formas típicas de capital imperialista.
Problemas da explotación.
- A súa extración ilegal é a orixe de cruentas guerras tribais, masacres humanas e animais, traballo esclavizado e traballo infantil.
- Desarrollo dunha enorme industria mineira ilegal. Tráfico do mineral no mercado negro.
- Trasfondo xeopolítico: Relacionase ca ocupación de enormes territorios na República Democrática do Congo por parte dos exércitos e guerrillas de Ruanda e Uganda. A atroz guerra do coltán nútrese de conflictos étnicos e económicos.
- Forte impacto ambiental: Deforestación, migración de animais...



No hay comentarios:
Publicar un comentario